Este ano volvemos celebrar o Nadal como nos gusta… cunha cervexa! Unha nova receita inspirada en dous momentos máxicos: o inverno e o Nadal. Unha cervexa que este ano está chea de sorpresas. Sorpresas? Tes no teu vaso unha lager máis cálida que en edicións anteriores. Ademais, ao noso xa clásico lúpulo galego, engadímoslle o uso da cebada cultivada nas terras de Sober (Galicia). O resultado, unha cervexa intensa e acolledora feita para compartir e celebrar. Non se nos ocorre nada mellor para quentar o inverno e celebrar o Nadal. Saúde!

Máis info

Materias primas

Auga
da Coruña

Maltas
Pilsen e torrada

Lúpulos
Cultivados en Galicia (variedades Nugget e Admiral)

Levadura
Selección HDR

Ingredientes

Auga, *malta de cebada e lúpulo.

*alérxeno
Clasificación Lager Especial / Christmas Lager
Aparencia De cor caoba e visualmente limpa, sen turbidez. Coroa de escuma de cor marfil, cremosa e de persistencia media. Mostra un excelente agarre en copa.
Sabor Unha entrada en boca doce e maltosa deixa paso a un sabor amargo, cun perfil resinoso moderado. Unha lager cun corpo e calidez media, prolongado regusto amargo e suaves notas picantes.
Aroma Destacan os aromas tostados achegados polas maltes, que nos trasladan ao mundo do caramelo e os froitos secos (como a abelá). Nun segundo nivel emerxen cunha intensidade moderada os matices florais e especiados procedentes do lúpulo. Tamén están presentes suaves notas alcohólicas.
Temperatura de servizo 6-8 ºC
Alcohol 6,6%
Amargor 50 EBU
Cor 50 EBC
ESP 13ºP
CADA NADAL, UNHA ESTRELLA
  • 2003
  • 2004
  • 2005
  • 2006
  • Centenario
  • 2008
  • 2009
  • 2010
  • 2011
  • 2012
  • 2013
  • 2014
  • 2015
  • 2016
  • 2017
  • 2018
  • 2018